Mostrando entradas con la etiqueta Abalar. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de septiembre de 2019
miércoles, 14 de septiembre de 2016
E-DIXGAL
Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO de dous provedores: a editorial EDEBÉ e a empresa de contidos dixitais Netex.
sábado, 30 de noviembre de 2013
abalarMóbil
A Xunta pon en marcha a aplicación abalarMóbil, que permite ás familias seguir a actividade educativa dos seus fillos desde o móvil.
lunes, 28 de enero de 2013
viernes, 19 de octubre de 2012
lunes, 8 de octubre de 2012
miércoles, 26 de septiembre de 2012
Redeiras. Rede social do profesorado
O proxecto REDEIRAS nace co obxectivo de ser unha rede social de carácter profesional, que sirva como plataforma de comunicación, colaboración e intercambio de experiencias para o profesorado dos centros educativos galegos.
Unicamente poderán ser usuarios da rede social REDEIRAS aquelas persoas individuais que dispoñan dunha conta de correo-e corporativa "@edu.xunta.es" (non se admiten outro tipo de entidades), garantindo así o carácter profesional desta rede social.
lunes, 2 de julio de 2012
Menú sistema nos miniportátiles Abalar
Excelente presentación en PREZI de Esther Padín profesora no IES Pedro Floriani de Redondela, sobre o menú sistema, nos miniportátiles Abalar que teñen o Ubuntu.
jueves, 28 de junio de 2012
jueves, 24 de marzo de 2011
lunes, 7 de marzo de 2011
Meigas na informática
Excelente e divertido vídeo que nos recordará que non somos nativos dixitais e como tivemos que sufrir e pelexar co noso PC (aínda que non teña moito de persoal).
¡Toda unha clase de iniciación á informática!

miércoles, 26 de enero de 2011
Abalar TV
Reportaxe sobre o proxecto Abalar en V televisión emitido o 19 de Xaneiro do 2011: " La cara y la cruz de las nuevas tecnologías en los centros escolares".
viernes, 21 de enero de 2011
Carta protesta Abalar ao conselleiro
Remítovos a carta-protesta de Fernando Pazos profesor no IES As Barxas, de Moaña, dirixida ao conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, na que expresa o descontento de parte do profesorado en relación a como se está desenvolvendo o proxecto Abalar.
Señor Conselleiro:
Nos centros de Educación Primaria e Secundaria de Galicia estase a producir un intenso debate arredor do plan Abalar, debate que arroxa unha potente visión do desagrado que existe na comunidade educativa.
A entrada da informática nas aulas é un obxectivo desexable e irrenunciable do sistema educativo mais non se pode perseguir sen unha estratexia axeitada. Non é serio pretender formar a todo o profesorado que traballa en 5o de Primaria e en 1o de Secundaria en tan só 50 horas e a marchas forzadas. Noutras comunidades autónomas lévase traballando isto dende hai, cando menos, catro anos. Os resultados, como ben sabe, non están a ser bos o que é terriblemente frustrante para un colectivo de persoas celosas do seu traballo, que desexan facer as cousas ben.
Semella que o único que interesa é que o profesorado “pase traballo”, independentemente de que este sexa ou non produtivo. Como se explica logo que se nos obrigue a elaborar prolixas programacións anuais e, no medio do curso, se nos obrigue a non respectar nin de lonxe o que nelas establecemos ao comezo do curso? Non é serio propoñer unha nova filosofía de traballo para o alumnado e tratar o profesorado como un simple convidado de pedra.
Hai poucos días que estas cuestións apareceron na prensa de maneira discreta, ao
contrario de como se anunciou a chegada aos centros dos ordenadores do alumnado. Bóteselle unha ollada a Xornal de Galicia 13/I/2011 ou, algo máis tarde, a La Voz de Galicia do 17/I/2011.
Por todo isto queremos que se reconsidere o proxecto Abalar e se teñan en conta as
seguintes cuestións (son apenas un extracto de outras moitas cousas importantes):
• atrasar un curso a posta en marcha deste proxecto (cousa que, de facto, xa se está a facer).
• flexibilidade para realizar a formación; xa é penoso térmonos que formar no tempo libre e nas fins de semana ou vacacións, para térmolo que facer nunhas datas e a unhas horas impostas, sen posibilidade de modificación e so pena de expediente disciplinario.
• unha formación integral común para todos os implicados no Abalar, e non depender do grao de implicación e/ou formación do profesor ou profesora escollido en cada centro. Os nosos compañeiros e compañeiras non poden cargar sobre as súas costas a responsabilidade de darlle entrada á Escola 2.0 en Galicia.
• que cada profesor dispoña dun ordenador a tempo completo para poder chegar á aula e ter algo que explicar a través das ferramentas informáticas. Aínda que moita
xente non o crea, as sesións docentes cómpre preparalas e, na inmensa maioría dos
casos, isto faise na casa. Teremos que preparar unha clase no momento de implementar a propia clase?
• que os equipos, por suposto, estean en lingua galega. É penoso que nin o sistema
operativo nin ningunha aplicación dos equipos mercados e distribuídos pola Xunta de
Galicia para os centros educativos dela dependentes, non se poidan utilizar en galego!
Pedimos ben pouco; tan só respecto á nosa profesión. A filosofía Abalar é encomiable mais o xeito de levala adiante é desprezable porque cifra o seu interese unicamente nun obxecto do proceso: os equipos informáticos os cales, como todos sabemos, dan moi ben nas fotos. A parte de ordenación, formación e creación de protocolos descárgase completamente no profesorado cun cargo de cero euros (0€!!) no orzamento xeral do proxecto. Non pedimos diñeiro, pedimos respecto e seriedade; as novas xeracións de galegos e galegas esíxennolo.
Un saúdo

lunes, 3 de enero de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)