Mostrando entradas con la etiqueta recursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recursos. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de febrero de 2013

Aprende a buscar na rede

Presentación realizada polas profesoras Olga Rodríguez do CEIP Milladoiro de Malpica, e Charo Sánchez-Gabriel do IES Sánchez Cantón de Pontevedra: Aprende a buscar na rede.

lunes, 26 de noviembre de 2012

A competencia dixital do profesorado


Recursos en Pearltrees

Pearltrees é un servizo para marcadores sociais, (ainda que o máis usado segue sendo Delicious). Ten unha presentación moi visual, e considera cada páxina que almacenamos como unha pérola, que podemos gardar agrupándoa xunto con outras dentro de pérolas maiores. Todo o que gardemos se nos amosará en forma de árbore, expandéndose cada pola con tódalas súas pérolas.

domingo, 25 de noviembre de 2012

Voki

Voki é unha ferramenta interesante que podemos tomar para a aula de idiomas (excelente, para inglés). Trátase dun widget gratuito que produce un "voki" ou personaxe (avatar) que se move e fala o texto que lle introducimos.

Este voki resultante o podemos insertar nunha páxina web, blog, wiki, etc. ou ben envialo por correo electrónico e incluso por móvil. Como usa a tecnoloxía text-to-speech (pasar de texto a voz), pódenos ser de grande utilidade para axudar aos nosos alumn@s á reflexión do seu propio texto e nos pode axudar tamén coa pronunciación dunha forma lúdica. ¿E que mellor, se un aprende divertíndose?



Sabes o que é unha wiki?

viernes, 23 de noviembre de 2012

Educa con TIC - 3ª parte

Este é o terceiro exemplar dixital de Educa con TIC que ve a luz grazas a inestimable colaboración e interese de moitos docentes de distintas partes da xeografía, dentro e fóra das nosas fronteiras. Fronteiras que, grazas ao mundo dos blogs, as redes sociais e, en definitiva Internet, desaparecen a favor dunha comunicación fluida e transparente.

NÚMEROS ANTERIORES:  REVISTA Nº 1   REVISTA Nº 2

sábado, 22 de septiembre de 2012

Proyecta: ferramentas educativas


PROYECTA  (Fundación Amancio Ortega)
Proyecta é unha plataforma virtual dirixida á comunidade escolar, na que se reúnen tres espazos de traballo para:
  • Explorar, descubrir e aprender a utilizar ferramentas e recursos didácticos de vangarda para estar ao día no uso das TIC na aula.
  • Comprobar como as TIC enriquecen a forma de ensinar e a forma de aprender d@s alumn@s.
  • En Proyecta, un equipo de profesionais da educación e as novas tecnoloxías elabora recursos e investiga as solucións que mellor se adaptan ás necesidades reais de alumn@s e educadores.

jueves, 6 de septiembre de 2012

Boas PrácTICas 2.0

Este é o primeiro número da Revista Dixital que recolle experiencias de Boas PrácTICas na aula onde podedes coñecer o que se fai noutras materias, áreas e etapas educativas no uso das TIC.

viernes, 21 de enero de 2011

Recursos no Servidor de Centro

ACCESO Á APLICACIÓN DE RECURSOS

Dende as aulas ABALAR do IES Sanxenxo:
  • http://servidorcentro.edu.xunta.es
Dende as aulas NON ABALAR do IES Sanxenxo:
  • 69.55.139.250/recursos